www.euromundoglobal.com

COMUNICADO

Da de Escritoras e Escritores en Lingua Galega sobre a desaparición da versión impresa de Galicia-Hoxe

miércoles 22 de octubre de 2014, 11:21h

(A Coruña, a 29 de xuño de 2011) A AELG lamenta profundamente a desaparición da versión impresa da cabeceira informativa Galicia Hoxe, que confirma a lenta asfixia á que está a ser sometida a cultura galega e o seu idioma, o que, desta volta, se concreta nun medio de comunicación, acalando a súa voz, o que vén restar luz ao discurso plural e en lingua propia de Galicia que a cidadanía precisa e demanda, nun modelo verdadeiramente democrático e respectuoso coa identidade de seu.

En Galicia Hoxe recoñecemos un traballo progresivo e continuado de apoio aos escritores e escritoras en lingua galega, á estrea das súas obras e mais á translación á sociedade da súa actividade cultural, do seu pensamento crítico a respecto das cuestións que afectan á nosa realidade cultural e social. Sobranceamos, en especial, o omnipresente apoio aos novos escritores, sempre necesitados de páxinas que visualicen e reforcen a comunicación entre o oficio da escrita e o lectorado.

Para alén do fundamental valor informativo, negar o necesario e imprescindíbel apoio dos poderes públicos a un medio de comunicación como Galicia Hoxe, é negar a visualización dos escritores e escritoras de noso, creadores de idioma e no idioma propio e oficial por vontade propia e comprometida. Cómpre salientarmos publicacións como Lecer ou Revista das Letras, con vinte anos de existencia fecunda esta última, alicerces sólidos en que chantar a luz dunha nova xeración de creadores, de poetas que estaban inéditos, ademais de contribuír para consolidalos e conseguiren presenza pública.

 

A desaparición de Vieiros, A Nosa Terra en papel, A Peneira, Gznación, e agora Galicia Hoxe, poñen de manifesto o continuo baleirado de contidos daquelas encomendas do Estatuto de Autonomía que lle dan a súa razón de ser á existencia dun goberno galego, a respecto daquelas funcións de protección e potenciamento do emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, ademais de provocar o acrecentamento do paro dos profesionais da cultura  tamén no eido informativo.

 

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

 

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (19)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8