www.euromundoglobal.com

LENGUAS COOFICIALES

A mostra 'O Fin do Camiño' segue o seu percorrido polo Camiño Francés en Villalcázar de Sirga (Palencia)
Ampliar

A mostra "O Fin do Camiño" segue o seu percorrido polo Camiño Francés en Villalcázar de Sirga (Palencia)

martes 10 de octubre de 2023, 19:42h

10OCT23 – LUGO.- O Concello de Villalcázar de Sirga (Palencia) acolleu a apertura da mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO / EL FIN DEL CAMINO”, organizada por Egeria coa colaboración de GaliciaDigital e a Asociación de Municipios del Camino de Santiago, e que está percorrendo o Camiño Francés desde Luzaide-Valcarlos (Navarra) ata Ponferrada.

Participaron na inauguración Moisés Payo, alcalde de Villalcázar de Sirga, e Antonio Giz en representación de Egeria. O obxectivo principal desta exposición é o de falar e promover a reflexión e o diálogo precisamente sobre “o fin” do Camiño de Santiago, abordando o ámbito máis íntimo e persoal do Camiño, do aspecto espiritual da Vía e do Camiñante.

Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeral comprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súa programación inclúe numerosos puntos dos Camiños de Santiago, dous importantes fotógrafos galegos –Eduardo Ochoa e Carlos Puga- que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis sobranceiros.

Os textos abordan o tema de O FIN DO CAMIÑO como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino para emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños, o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz. Exprésase a procedencia dos peregrinos de lonxanas terras, polos camiños todos que levan a Compostela... destacando aspectos como que Europa se mira en Compostela, a peregrinación en multitude ou en soidade, os peregrinos singulares ou anónimos, o millón de pasos que constitúe o Camiño Francés, a cadea de fervores que o Camiño supón, para chegar á Capital de Occidente, visitar a tumba do apóstolo, completar un camiño interior reflexo do exterior percorrido, e emprender o Camiño de volta.

Cada panel conta con brevísimas glosas do Camiño de Urbano Lugrís, Dante ou Frei Luis de León; Filgueira ou Pensado; Tirso, Machado, Fraguas, Pondal, Cunqueiro, Torrente, Cervantes, Celso Emilio ou Manuel Rodríguez López.

A mostra está composta por dez paneis dobres, de 2,30x0,80 metros, e ademais do patrocinio da Xunta de Galicia conta coa colaboración da Asociación de Municipios del Camino de Santiago, de Acogida Cristiana del Camino, da Catedral de Santiago, e da plataforma en internet GaliciaDigital, que desenvolveu a web do proxecto cos contidos da exposición.

(Enviado por José Antonio Sierra)

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (2)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8