www.euromundoglobal.com

José Luis Sampedro, Escritor Galego Universal

miércoles 22 de octubre de 2014, 11:21h
José Luis Sampedro, Escritor Galego Universal

Con este premio, que xa recibiron Mahmud Darwich, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman e Antonio Gamoneda, a Asociación de Escritora e Escritores en Lingua Galega destaca aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade humana e das culturas nacionais. O galardón entregaráselle no mes de maio.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca con esta mención a alta calidade da súa literatura  lúcida, profunda, radical  e transgresora , impregnada do insubornábel compromiso ético do autor.
A relación de José Luis Sampedro con Galicia comezou nos anos 70 a través da Agrupación Cultural Lóstrego de Madrid, da que foi presidente de honra e coa que colaborou economicamente cunha mensualidade do seu soldo de Senador por designación real nas primeiras cortes democráticas; no exercicio desta responsabilidade defendeu a inclusión do dereito de autodeterminación no texto constitucional.
A relación continuou a través da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, participando en congresos alí organizados nos anos 80.
En 1990 impartiu a lección inaugural, con título “Un humanismo para una crisis”, da segunda edición da Universidade Popular de Ortigueira, aproveitando a estadía para coñecer Betanzos (onde está soterrado un seu avó), A Mariña de Lugo e a comarca de Ortegal, visita que tivo reflexo na súa novela máis querida, Real Sitio.
Nacido en Barcelona en 1917, cun ano de vida trasladouse canda a súa familia a Tánxer, onde viviu até os 13 anos, e pasa a adolescencia en Aranjuez. En 1936 é mobilizado polo exército republicano na Guerra Civil Española. Despois incorpórase ao chamado exército nacional. Pasa a guerra en Melilla, Cataluña, Guadalaxara e Huete, na provincia de Cuenca.
Tras obter unha praza de funcionario de aduanas en Santander trasládase a Madrid, onde en 1944 casa con Isabel Pellicer e realiza os seus estudos de Ciencias Económicas que finaliza en 1947 con Premio Extraordinario de Carreira. Comeza a traballar no Banco Exterior de España, ademais de dar clases na universidade. En 1955 convértese en catedrático de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid, posto que ocupará até 1969, compaxinándoo con diversos postos no Banco Exterior de España alcanzando o nivel de Subdirector Xeral.
Escribe daquela a obra de teatro Un sitio para vivir. Publica Realidad económica y análisis estructural e mais El futuro europeo de España.
Entre 1965 e 1966, ante as destitucións dos catedráticos na universidade española Aranguren e Tierno Galván, decide facerse profesor visitante nas universidades de Salford e Liverpool. Unido a eles, xunto con outros profesores, crean o Centro de Estudos e Investigacións (CEISA) que sería pechado polo goberno tres anos despois. En 1968 é designado lector na universidade norteamericana Bryn Mawr College. Á súa volta a España pide a excedencia na Universidade Complutense e publica El caballo desnudo, unha sátira que lle permitirá desafogar as súas frustracións ante a situación do país.
Regresa ao Ministerio de Facenda como Asesor Económico da Dirección Xeral de Aduanas. Imparte cursos na Escola Diplomática, o Instituto de Estudos Fiscais e na Universidade Autónoma de Barcelona. Durante este período escribe Conciencia del subdesarrollo e La inflación en versión completa.
En 1976 volve ao Banco Exterior de España como economista asesor. En 1977 é nomeado senador por designación real, nas primeiras Cortes democráticas, posto que ocupará até 1979. En paralelo á súa actividade profesional como economista, publica diversas novelas e tras a súa xubilación continua dedicado a escribir, conseguindo grandes éxitos con obras como Octubre, octubre ou a coñecida novela Sonrisa etrusca. Os seus éxitos literarios coinciden coa tráxica noticia da morte da súa esposa Isabel en 1986.
En 1990 é nomeado membro da Real Academia Española onde a súa heterodoxo discurso de ingreso Desde la frontera ten moito que ver co tema da súa obra La vieja sirena, publicada ese mesmo ano, que é un canto á vida, ao amor e á comprensión.
A finais dos 90 casou coa escritora, poetisa e tradutora Olga Lucas.
Brillantemente lúcido, xa case centenario, exerce o seu humanismo crítico sobre a decadencia moral e social de Occidente, o neoliberalismo e as brutalidades do capitalismo salvaxe.
Obras
Novela
La estatua de Adolfo Espejo, 1939
La sombra de los días, 1947
Congreso en Estocolmo, 1952
El río que nos lleva, 1961
El caballo desnudo, 1970
Octubre, octubre, 1981
La sonrisa etrusca, 1985
La vieja sirena, 1990
Real Sitio, 1993
El amante lesbiano, 2000
La senda del drago, 2006

Relato
Mar al fondo, 1992
Mientras la tierra gira, 1993

Ensaio
Principios prácticos de localización industrial, 1957
Realidad económica y análisis estructural, 1959
Las fuerzas económicas de nuestro tiempo, 1967
Conciencia del subdesarrollo, 1973
Inflación: una versión completa, 1976
Escribir es vivir, 2003
El mercado y la globalización, 2003
Los mongoles en Bagdad, 2003
Sobre política, mercado y convivencia, 2006
Economía humanista. Algo más que cifras, 2009

Obras colectivas
La ciencia y la vida, 2008. Con Valentín Fuster.
------------------------------------    
Máis información: http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/sampedro/home.htm
Fotografía en:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Sampedro.jpg

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (19)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8