www.euromundoglobal.com

Presentación en Pontevedra do Encontro da Federación Galeusca de Asociacións de Escritoras e Escritoras en linguas galega, éuscara e catalá

Presentación en Pontevedra do Encontro da Federación Galeusca de Asociacións de Escritoras e Escritoras en linguas galega, éuscara e catalá
miércoles 22 de octubre de 2014, 11:21h

Organizado pola AELG, o encontro celebrarase a finais de outubro . Anxos Riveiro, Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, presentaron as liñas mestras da trixésima edición.

O éxito do Salón do Libro Infantil e Xuvenil axudou a que a Federación Galeusca, constituída polas asociacións de escritores en linguas catalá, éuscara e galega, escolleran Pontevedra como sede do seu congreso anual. Este encontro vén celebrándose por quendas desde 1984 en Galicia, País Vasco e Cataluña e chegará en Pontevedra á súa edición número trinta. Será a finais do próximo mes de outubro.

A elección de Pontevedra foi debida, segundo o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, a que este ano este congreso falará de literatura infantil e xuvenil, da que dixo, "Galicia é a comunidade autónoma que máis premios nacionais ten". Serán en total nove autores, tres de cada un dos idiomas, os que participen como relatores nestas xornadas.

O obxectivo deste congreso é que estas tres literaturas "se comuniquen sen intermediarios" e se analice de forma conxunta a "similar problemática" que afecta a cada unha delas. Ademais das tres mesas redondas coas que contará esta xornada, celebrarase un acto lúdico-musical e varias visitas para que os autores foráneos coñezan a cidade. Trátase de eventos abertos a toda a cidadanía.

Ademais Cesáreo Sánchez sinalou que con este tipo de iniciativas "intentamos ensinar o mellor que temos no noso país e por iso é polo que tomamos a decisión de vir a Pontevedra", cidade da que valorou positivamente a súa política cultural "da que estamos especialmente orgullosos" e o seu actual modelo urbano. E é que Pontevedra xa foi sede deste congreso en 2001 "e estaba todo en obras, agora que está paseable é marabillosa".

O presidente dos escritores galegos agradeceu especialmente ao Concello de Pontevedra o apoi para celebrar na cidade este congreso "porque estivo a piques de non celebrarse por falta de recursos". Unha situación que comparou cos problemas que están tendo as literaturas periféricas "que están permanentemente sendo agredidas" pola política cultural do Goberno central.

 

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (19)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8