www.euromundoglobal.com

LENGUAS COOFICIALES

A Mesa espera que o uso do galego nas institucións da UE e no Congreso español sexa un primeiro paso para erradicar todos os límites no seu uso
Ampliar

A Mesa espera que o uso do galego nas institucións da UE e no Congreso español sexa un primeiro paso para erradicar todos os límites no seu uso

jueves 17 de agosto de 2023, 17:51h

17AGO23 – SANTIAGO DE COMPOSTELA.- A Mesa pola Normalización Lingüística espera que o uso do galego nas institucións da Unión Europea e no Congreso español sexa só un primeiro paso que nos achegue ao cumprimento das indicacións do Consello de Europa sobre o uso das linguas propias na xustiza, administración ou ensino, ao aumento das cotas de uso das linguas na Lei Audiovisual e ao fin da permisividade nas infraccións, nomeadamente en TVE.

"Garantir iguais deberes e dereitos en todas as linguas son tarefas pendentes que se deben solucionar nesta lexislatura", recorda o presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, "que non se poden cinguir aos avances anunciados respecto ao seu uso na UE ou no Congreso".

A principal asociación de defensa do galego lembra, tamén, que en febreiro de 2021 foi debatida no Congreso unha proposición a instancias de todas as entidades sociais de defensa das diferentes linguas do Estado que desenvolvía o manifesto conxunto Igualdade lingüística: liberdade, pluralidade e democracia. Contemplábanse, entre outras cuestións: igualar dereitos e deberes para todas as linguas respecto ao español; permitir e facilitar o uso das diferentes linguas en todos os organismos e administracións do Estado; a capacitación en linguas propias do persoal de todas as administracións públicas, incluída a de xustiza, o seu uso xeralizado nas páxinas oficiais e o seu recoñecemento a nivel internacional e paridade co castelán; pór fin á imposición legal exclusiva do castelán na normativa estatal, que afecta de maneira frontal ao ámbito económico e singularmente á etiquetaxe; ou emprender unha política decidida para rematar coas discriminacións lingüísticas.
"Esta proposición debe ser o punto de partida de calquera acción que realmente pretenda avanzar na igualdade e oficialidade real de todas as linguas diferentes do español", remata Maceira, "e conseguir que, definitivamente, rematen as discriminacións polo seu uso".

Achegamos unha fotografía da presentación do manifesto no Congreso. Agradecemos a difusión e quedamos á vosa disposición para calquera aclaración.

(Enviado por José Antonio Sierra)

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (1)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8