www.euromundoglobal.com

O sábado celébrase a Gala das Letras da AELG e coñeceránse as obras gañadoras dos premios AELG 2015

Remitido por José Antonio Sierra

viernes 08 de mayo de 2015, 01:24h

Na Gala das Letras, que terá lugar o sábado, 9 de maio, ás 20.00 no Salón Rexio do Círculo de las Artes da cidade de Lugo, daranse a coñecer as obras gañadoras dos Premios AELG 2015. As obras finalistas, publicadas en 2014, son escollidas polos 435 socios e socias da AELG. Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan así á décimo sexta edición. O premio ESCRITOR GALEGO UNIVERSAL será recollido polo autor brasileiro Luiz Ruffato.

(A Coruña, 7 de maio de 2015) Os socios e socias da AELG xa escolleron as obras editadas en 2014 gañadoras nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que comezará ás 20.00 do sábado 9 de maio no Círculo de las Artes de Lugo.

Son finalistas as obras:

Blog literario

Ensaio

Literatura Infanto-Xuvenil

Xornalismo Cultural

Narrativa

Poesía

Teatro

Tradución

Hai fotos dispoñíbeis daqueles finalistas que son socios/as da AELG na fototeca da web da Asociación: http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPhotoLibrary.do

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

  • O premio Mestres e Mestras da Memoria, que chega á súa terceira edición, que se concede a Josefa Arias Castelo, de Vilalba, e a Emilio Pérez Álvarez, “Emilio do Pando”, do concello da Fonsagrada, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional.
  • O Premio AELG Institucións 2015, que se concede a aquelas entidades que contribuísen á divulgación da lingua e cultura galega e que este ano, pola súa defensa dos dereitos profesionais dos/as xornalistas, por ter o idioma galego e o xornalismo cultural como prioridade, e por promover os valores éticos na escrita xornalística, se concede ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e polo seu empeño en que Galiza teña uns medios de comunicación galegos e en galego e, por tanto, pola súa contribución ao proceso de normalización lingüística e cultural á Asociación de Medios en Galego. Recollerán o premio Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Henrique Sanfiz, presidente da Asociación de Medios en Galego.
  • E mais o Premio AELG 2015 Escritor Galego Universal , que na súa décima edición recollerá o escritor brasileiro Luiz Ruffato; este galardón que xa recibiron Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga, e co que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aqueles autores e autoras que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana. Vexa aquí a súa axenda en Galicia.

No transcurso da Gala das Letras a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entregará tamén o seu recoñecemento anual “Os Bos e Xenerosos”, que chega este ano á súa duodécima edición e que supón un acto de recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura. Neste caso, pola súa contribución en diversos eidos do Xornalismo, sempre á altura das necesidades do seu tempo e, particularmente, por poñer os alicerces para termos uns medios de comunicación galegos e en galego, serán nomeados Bos/Boas e Xenerosos/as Xosé María García Palmeiro, Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao e Tareixa Navaza.

A Gala das Letras contará coa actuación musical “Os sons esquecidos”, a cargo de Abraham Cupeiro e Iago González, e é un acto aberto con entrada libre até completar capacidade.

A duración prevista é de 100 minutos, aínda que as obras gañadoras se darán a coñecer durante a primeira parte da Gala.

Co apoio da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Concello de Lugo e a colaboración do Círculo de las Artes

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (19)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8