www.euromundoglobal.com

Carta de ProLingua en apoio dos procesados do 8F

Comeza o xuízo contra os procesados o día 8 de febreiro. 

miércoles 22 de octubre de 2014, 11:21h

Doce mulleres e homes que participaron na denuncia activa daquela impostura afrontan agora, outra vez no contexto dunha campaña electoral, e tras sucesivos adiamentos do proceso, unha petición fiscal de 45 anos de cadea, acusados de desordes públicas e resistencia á autoridade, debendo encarar, ademais, importantes sancións económicas.

 

Militantes da galegofobia, coma Rosa Díez, presente na manifestación, ou o ultra Sáenz de Ynestrillas serán destacadas testemuñas da acusación nesta farsa xudicial.

Sete anos de cadea por defender a lingua galega dun ataque extremista? Catro anos en prisión por se manifestar na rúa? Identificados e aldraxados polo simple feito de falaren galego? Apreixados por berrar contra os que vulneran as normas de convivencia das que nos dotamos as galegas e os galegos? O xuízo, que se produce, ademais, nun abafante contexto de regresión da liberdade de expresión ou de modulación interesada da súa materialización na rúa ou nas redes sociais, convértese de facto na xudicialización dunha realidade que só fixo agravarse nos últimos cinco anos e que sitúa a lingua de Galicia nunha das etapas máis regresivas da súa normalización.

Desde ProLingua queremos expresar a nosa total solidariedade coas encausadas e encausados do 8F e esixir a retirada de todos os cargos que a fiscalía lles apón a estas persoas, convencidos de que o seu xuízo é un proceso político que converte os agredidos en agresores, que retrata o galego coma unha lingua imposta, e que subverte os termos dun suposto confrontamento lingüístico que só existe no ánimo duns poucos, xusto aqueles que reclamaban aquel 8F “libertad para decidir” e que, ostentosamente, aldraxan unha lingua que, aínda que non queiran, tamén é a súa, porque é de todas e todos os cidadáns.

Aquí o texto completo de apoio a quen defenderon e defende a lingua galega

http://prolinguagalega.org/voces/2014/05/19/prolingua-en-apoio-dos-procesador-do-8f

 

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (19)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8