www.euromundoglobal.com

A Mesa pola normalizacion lingüistica

ABERTOS AO GALEGO.- As empresas de Abertos ao galego: Demo Editorial

miércoles 22 de octubre de 2014, 11:21h

A máis recente incorporación a Abertos ao Galego é Demo Editorial, una editora especializada en banda deseñada dirixida polo tamén ilustrador Manel Cráneo. Hai uns días Abertos ao Galego reuniuse na Coruña con Manel Cráneo, para que nos axudase a presentarvos o seu proxecto e nos contase a súa experiencia empresarial.

O obxectivo de Demo Editorial é potenciar autores de banda deseñada galegos e apoiar novos valores primando sempre o criterio da calidade. Os álbums que editan son coidadosamente seleccionados.
A súa primeira opción de edición é sempre a lingua galega, mais partindo de aí procuran potenciar a exportación dos seus libros a outros mercados, tanto o estatal como o estranxeiro. Disto teñen xa algúns exemplos, como O fillo da furia, publicado este mesmo mes en castelán en coedición con Diabolo (Madrid) ou Sen mirar atrás, publicado en galego e castelán en 2010 e do que en 2011 venderon os dereitos á editora alemana Edition52.
O seu principal ámbito na edición son as novelas gráficas de aventuras e xénero histórico, principalmente ambientadas en Galiza. Ademais diso, tamén editan obras de temática social e proximamente abrirán tamén unha liña de ciencia-ficción.
Todas as súas producións realízanse integramente en Galiza, polo que xeran beneficios no propio territorio, en todos os sentidos, pois o proceso de edición (que inclúe deseño, maqueta, impresión, etc) é feito aquí. Non só é unha editorial galega porque edite autores galegos e en galego, senón porque ademais producen ao 100% en Galiza.
Manel coméntanos que o obxectivo do seu proxecto é contribuír co seu grao de area a xerar unha industria da banda deseñada en Galiza, que ademais teña unha calidade que a faga atractiva para poder exportarse a outros mercados noutras linguas. Segundo nos di Manel, “se queremos, podemos ser profetas na nosa propia terra”.

 

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (19)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8