Na Gala das Letras, que terá lugar o sábado, 9 de maio, ás 20.00 no Salón Rexio do Círculo de las Artes da cidade de Lugo, daranse a coñecer as obras gañadoras dos Premios AELG 2015. As obras finalistas, publicadas en 2014, son escollidas polos 435 socios e socias da AELG. Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan así á décimo sexta edición. O premio ESCRITOR GALEGO UNIVERSAL será recollido polo autor brasileiro Luiz Ruffato.
(A Coruña, 7 de maio de 2015) Os socios e socias da AELG xa escolleron as obras editadas en 2014 gañadoras nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que comezará ás 20.00 do sábado 9 de maio no Círculo de las Artes de Lugo.
Son finalistas as obras:
Blog literario
Ensaio
Literatura Infanto-Xuvenil
Xornalismo Cultural
Narrativa
Poesía
Teatro
Tradución
Hai fotos dispoñíbeis daqueles finalistas que son socios/as da AELG na fototeca da web da Asociación: http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPhotoLibrary.do
Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:
No transcurso da Gala das Letras a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entregará tamén o seu recoñecemento anual “Os Bos e Xenerosos”, que chega este ano á súa duodécima edición e que supón un acto de recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura. Neste caso, pola súa contribución en diversos eidos do Xornalismo, sempre á altura das necesidades do seu tempo e, particularmente, por poñer os alicerces para termos uns medios de comunicación galegos e en galego, serán nomeados Bos/Boas e Xenerosos/as Xosé María García Palmeiro, Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao e Tareixa Navaza.
A Gala das Letras contará coa actuación musical “Os sons esquecidos”, a cargo de Abraham Cupeiro e Iago González, e é un acto aberto con entrada libre até completar capacidade.
A duración prevista é de 100 minutos, aínda que as obras gañadoras se darán a coñecer durante a primeira parte da Gala.
Co apoio da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Concello de Lugo e a colaboración do Círculo de las Artes