Opinión

Contestación del Bloque Nacionalista Gallego

Miércoles 22 de octubre de 2014

Asunto: Elecciones al Parlamento Europeo ¿Dónde se pueden estudiar las lenguas cooficiales?

Pregunta a todos los partidos políticos que participen en las elecciones al Parlamento Europeo. ¿Dónde se pueden estudiar las lenguas cooficiales españolas en España? ¿Cuál es su política lingüística en España y para la Unión Europea ?



 Programa referida a lengua.

3.- A uniformización lingüística e cultural fronte ao respecto pola diversidade

As políticas neoliberais perseguen unha uniformización e homoxeneización que atacan directamente a diversidade lingüística e cultural. Cómpre garantir unha construción baseada no feito de pertencermos a un mundo plurilingüe e pluricultural co compromiso de respectar, antes de máis nada, un desenvolvemento que parta do principio de orgullo, dignidade e capacidade de todas as linguas e culturas e potencie, de maneira especial, aquelas dominadas ou relegadas a un papel secundario.

Cobran especial relevancia o recoñecemento e difusión dos dereitos lingüísticos no ámbito da UE, especialmente das linguas minorizadas, como xeito de dar máxima proxección á diversidade cultural e lingüística en Europa.

A Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, aprobada polo Consello de Europa, implica compromisos canto á protección das linguas propias.

O BNG procurará a través da súa presenza no Parlamento Europeo conseguir que a Unión Europea asuma como propios os compromisos adquiridos na Carta, de xeito que teñan carácter prescritivo:

Garantir que se cumpran os obxectivos da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

•Asegurar urxentemente que se cumpran os obxectivos da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias nos ámbitos do ensino e dos medios de comunicación, derrogando as normas que contraveñen o disposto nesta.