España

O Curso de español do Camiño de Santiago chega á súa terceira edición

CAMINO DE SANTIAGO

Forma parte, xunto con cursos de español para fins específicos, da oferta académica de Cursos Internacionais da USC para 2010

Miércoles 22 de octubre de 2014
‘Estás in? Are you in?’. Con este lema, a USC porá este ano en marcha a terceira edición do Curso do Camiño de Santiago 2010, unha iniciativa formativa na que ao longo de dúas semanas os matriculados poderán mellorar os seus coñecementos de español e recibir clases na USC sobre diferentes aspectos do Camiño Xacobeo.

Inf. coord. por José A. Sierra
O desenvolvemento das distintas sesións celebrarase en dúas quendas, a primeira entre o 31 de maio e o 11 de xuño e a segunda do 4 ao 15 de outubro, reservando a segunda semana a percorrer o tramo final do Camiño acompañados dun profesor.

O curso é unha oferta diferenciada e singular en relación a oferta internacional doutras universidades españolas, dado que incorpora a experiencia como eixe para coñecer e vivir as culturas española e galega o mesmo tempo que se practica e mellora nos coñecementos da lingua española.

E está a obter, segundo a dirección de Cursos Internacionais, unha excelente acollida entre as persoas que están interesadas na aprendizaxe do idioma español. Neste senso, o programa formativo estivo presente en diversas feiras e congresos nos que se realizaron presentación específicas aos potenciais alumnos.

O programa académico deseñada permite aos matriculados familiarizarse coa lingua ao tempo que achegarse ás claves históricas, ao mito, ás lendas, aos símbolos e ás tradicións dunha das peregrinación milenarias máis internacionalmente recoñecido. Para elo, simultanearanse clases de lingua impartidas por especialistas do ensino do español como lingua estranxeira con seminarios sobre o Camiño, clases prácticas e aulas itinerantes, actividades culturais, acceso gratuíto aos servizos universitarios e aloxamento en habitación dobre e media pensión.

Esta é unhas das actividades principais de Cursos Internacionais para o presente ano, á que hai que engadir os xa habituais cursos de lingua e cultura con fins específicos. Trátase dos cursos de español dos negocios; turismo, gastronomía; e cursos de formación para profesores de ELE (Español e Lingua Estranxeira), todos eles en Compostela. Pola súa banda, en Lugo e por vez primeira, as persoas interesadas poderán optar por dúas propostas, Español e Ciencias Medioambientais ou Español e Ciencias da Saúde.

Todos eles conforman a oferta xa estable de Cursos Internacionais USC, cunha programación académica deseñada con máximo rigor e coa vontade de satisfacer as necesidades daqueles estudantes internacionais, que elixen o noso destino entre a oferta do norte peninsular, nunha cidade como é Compostela e nunha institución académica como é a Universidade de Santiago de Compostela.